Monday 29 de April de 2024

Audición fin de curso da Escola Municipal de Música


Terá lugar este vindeiro sábado ás 12 horas na alameda de Ordes

A partir das 12 horas do próximo sábado, 29 de xuño, a alameda de Ordes servirá de escenario para o recital que ofrecerá o alumnado da Escola Municipal de Música. Unha ocasión na que todos e todas os matriculados neste curso porán de manifesto todo o aprendido en materias como música e movemento, linguaxe musical, banda, combo rock, combo jazz, coro, percusión ou guitarra.

Cómpre ter en conta que no o caso de que chova a cita trasladarase ao auditorio da Casa da Cultura.